directora, montadora e investigadora

contacto:
ig: ariadnacordal
ariadnacordal (at) gmail (dot) com

Ariadna Cordal é cineasta, montadora e investigadora. Doutorouse pola Universitat Pompeu Fabra cunha tese sobre cine documental español e percepción ecolóxica, que foi financiada por unha axuda FPU (2020/05553) do MICIU. Actualmente está a rematar a súa especialización no Posgrao de Montaxe Audiovisual e Edición de Vídeo da BSM-UPF. Realizou estancias de investigación sobre cine en Eckerd College (Estados Unidos) e Monash University (Australia) financiadas polos programa ISEP e a bolsa FPU do MICIU. Publicou en revistas e editoriais como Fotocinema, Historia y Comunicación Social ou Routledge. Participou en numerosos congresos internacionais (como ECREA ou NECS) e formou parte dos proxectos de investigación MUMOVEP (PID2021-126930OB-I00) e FUCAV (PID2020-116277GA-I00). Actualmente é coordinadora do proxecto LIPSea-M do Laboratorio d’Imatges Potencials da UPF, no que investiga metodoloxías de arte aplicadas á investigación científica sobre a tropicalización do Mediterráneo e os seus efectos nos corais.

O seu perfil creativo destaca por realizar curtometraxes como directora e montadora. Durante o grao universitario realizou pezas experimentais e videoensaios, como They Ponder (2017), que foi seleccionada no Festival Internacional de curtametraxes Curtocircuito. Anos despois, a raíz de desta peza, foi invitada a formar parte de una selección especial centrada en mulleres creadoras neste festival, que levou por título XX:novas creadoras. Tamén participou no obradoiro “Correntes” impartido por Oliver Laxe e organizado polo Festival Novos Cinemas. A súa primeira curta de ficción, Papá, por que quitas a música? (2019), foi selección oficial no Festival de Cans. Seguindo a liña da ficción, foi montadora e axudante de dirección de Onde dormen as gaviotas (Dani Cornes, 2020), que tamén tivo percorrido por moitos festivais de Galicia e o estado español. Despois co-dirixiu xunto a Dani Cornes a súa segunda curta de ficción, Auria, última noite (2020), que foi seleccionado, entre outros, no Ourense Film Festival e levou o premio Fasmuvis. Tamén colaborou na dirección de fotografía da curta O niño dos paxaros (Lucía Estévez, 2020). O último proxecto que realizou cómo directora é O patio (2024), que foi estreado na sección Planeta GZ de Curtocircuito.

FILMOGRAFÍA

2025 Aquí sempre tes casa. Dirección e montaxe.
2024 O patio. Dirección e co-guión.
2022 Drill, baby, drill. La petro-masculinidad en el cine estadounidense. Montaxe.
2021 O niño dos paxaros (dir. Lucía Estévez). Dirección de fotografía con Dani Cornes.
2020 Auria, última noite. Dirección e guión con Dani Cornes.
2019 Onde dormen as gaivotas (dir. Dani Cornes). Montaxe e axudante de dirección.
2019 Papá, por que quitas a música? Dirección e guión.
2018 Estela. Dirección e guión.
2017 They Ponder. Dirección de curta experimental.
2017 Siluetas. Dirección de curta experimental.

FORMACIÓN

2025-26 Posgrao en Montaxe Audiovisual e Edición de Vídeo (BSM- Universitat Pompeu Fabra)
2021-26 Doutorado Cum Laude en Comunicación (Universitat Pompeu Fabra)
2020-21 Mestrado en Estudos de Cine e Audiovisual Contemporáneos (Universitat Pompeu Fabra)
2015-19 Grao en Comunicación Audiovisual (Universidade de Vigo)

FORMACIÓN COMPLEMENTARIA

2023 Programa FIDU: Introducció a la Docència Universitària (Universitat Pompeu Fabra)
2022 Curso Garantir el Respecte a les Persones Trans i no Binàries i Prevenir la Transfòbia a la Universitat (Universitat Pompeu Fabra)
2017 Obradoiro Correntes con Oliver Laxe (Festival Novos Cinemas)
2017 Curso de Edición de vídeo con software: Blackmagic DaVinci Resolve (Universidade de Vigo)
2017 AUGAL. Masterclass do Audiovisual Galego (Universidade de Vigo, AGADIC)
2016 CEMAC: Audiovisual en feminino, singularidade e diversidade (Universidade de Vigo, Fundación Carlos Casares, AGADIC

PUBLICACIÓNS

Santiago Fillol, Glòria Salvadó, Ariadna Cordal y Ivan Pintor. 2026. “Renewable Energies in the Spanish Rural Landscape: Their Representation in As Bestas (2022), Alcarràs (2022), and the Spanish Public Sphere (2017–2022)”. Artnodes (38), 1-11.

Polina Gorbaneva, Ariadna Cordal, Anna Mundet i Santiago Fillol. 2026. “Devenir animal: dispositivos y formas perceptivas de lo no-humano en el cine iberocamiercano contemporáneo”. L’Atalante. Revista de estudios cinematográficos, (41), 77-92. https://doi.org/10.63700/1320

Ariadna Cordal. 2025. “Extractivism, Petromasculinity and Landscape in Industrial Documentary Films under Francoism”. Bulletin of Spanish Visual Studies, 1–24. https://doi.org/10.1080/24741604.2025.2565873

Ariadna Cordal. 2024. “Prácticas ecofeministas en el cine documental: territorio, relaciones más-que-humanas y cuidados en la obra de Maddi Barber.” Fotocinema. Revista Científica de Cine y Fotografía. 29, pp.249-274.

Ariadna Cordal; Brunella Tedesco-Barlocco.  2024. “From pity to indifference. Analysing affect in visual motifs of animals and climate emergency in Spanish media”. En Ecologies of Global Risk Journalism. Conceptualizing Local Journalism in an Era of Deep DisruptionsRoutledge.

Ariadna Cordal. 2024. “Aftermath of Petromodernity in Spanish Documentary: Power, Masculinity and Exploitation of Nature in Tierra negra and Un cielo tan turbio.” En The (Un)bearable Lightness of Media. Critical Approaches to Sustainability in Film and Audiovisual Production, Circulation and Preservation. Mimesis. pp.27-34.

Manuel Garin; Ariadna Cordal. 2024. “El nacionalfutbolismo, bases históricas e iconográficas: Ricardo Zamora y la España fascista.” Historia y Comunicación Social. 29-2, pp.267-280.

Nuria Cancela; Laia Puig-Fontrodona; Ariadna Cordal; Laia Palau; Núria Picas; Omaira Perdomo; Adiaratou Iglesias; Tania Álvarez. 2024. “Tensions and Challenges in Depictions of Women’s Sport in Audiovisual Media: Perspectives of Spanish Sportswomen.” L’Atalante. Revista de estudios cinematográficos. 37, pp.125-143.

Ariadna Cordal. 2023. “Rethinking Extractivism and Masculinity: Aesthetics of the Environment in There Will Be Blood (2007) and First Cow (2019).” Comparative Cinema. 11-20, pp.26-47.

Ariadna Cordal. 2022. “Drill, baby, drill. La petro-masculinidad en el cine estadounidense.” Tecmerin: Revista de Ensayos Audiovisuales. 9.